Triunfos dos ferrolanos do Club Kang no Open Cidade Ribeira taekwondo e na Liga Nacional Kickboxing

Fuente Club Kang

Exitosa participación dos ferrolanos do Club Kang nas ultimas competicións de gran nivel nas que recentemente tomaron parte; por un lado os oito deportistas do equipo de taekwondo competiron no Open Internacional Cidade de Ribeira. O equipo formarono os infantis Enzo e Ángel, a precadete Inés e @s cadetes Icía, Nico, Thiago, Claudia e Paula.

Fuente Club Kang

Mentres que dous dos deportistas de Kickboxing de nivel nacional, Jairo e Cristina, competiron en LightContact e Kicklight, na Liga Nacional FEKM Kickboxing Stars League Sede Arganda del Rey – Madrid.

Fuente Club Kang

En taekwondo acadaron varios galardóns: Enzo un Ouro liga A, Ángel unha prata liga A, Inés un bronce liga A e un ouro liga B, Claudia e Paula un bronce cada unha na liga A. Mentras que en Kickboxing lograron tamén varios premios: Cristina duas pratas, unha en LightContact e outra en Kicklight, e Jairo unha prata en LightContact.

Fuente Club Kang

Pero o máis importante non son as medallas, «senon a progresión e o bo traballo que demostraron cada un deles, tanto en taekwondo coma en Kickboxing». O Club quere facer tamén unha mención especial á alumna Anne, que exerceu de coach e organizou o grupo que competiu en Ribeira e que «sen ela non sería posible sacala competición a diante«.

Lea también

AD Judo Ferrolterra obtiene Oro, Bronce y tres quintos en el Cto Gallego Absoluto 2025

Este fin de semana se disputó, en el pabellón de A Xunqueira de Fene, el …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *