6.410 escolares asisten ás representacións da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón

Un total de 6.410 escolares de Narón e comarca verán este ano no Pazo da Cultura algunha das representacións da XXXXI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón (MOTIX).

O Padroado da Cultura organiza a convocatoria en colaboración coa Deputación da Coruña e a Rede Galega de Teatros e Auditorios. A pasada semana comezaron as representacións, que continuarán ata finais de novembro nas instalacións do Pazo da Cultura –no mes de outubro-, do Auditorio municipal –en novembro- e nas tres escolas infantís municipais no mes de decembro.

Escolares de Infantil, primeiro a sexto de Primaria, Bacharelato e ciclos formativos son os destinatarios desta iniciativa, xunto cos das garderías, na que ademáis de centros de Narón participan outros de Ferrol, Fene, Neda, San Sadurniño, Ares, Mugardos, Valdoviño e Moeche.

Un total de cinco compañías, Unahoramenos, Caramuxo Teatro, Teatro de Malta, Ghazafelhos e Teatro ao cubo son as encargadas de representar as obras programadas nesta edición: Me llamo Suleimán, Crisálida, A la gloria con Gloria Fuertes, Travesía Unicornio e Voo, respectivamente. As representacións desenvólvense en dous horarios cada xornada, ás 10:00 e ás 12:00 e as primeiras foron a pasada semana, cando un total de 1.282 escolares tiveron a oportunidade de acudir ao primeiro espectáculo, Me llamo Suleimán, de Unahoramenos, os días 9 e 10 de outubro.

Esta semana as representacións continuarán o mércores e o xoves, xornadas nas que están covocados outros 1.759 escolares para ver Crisálida, de Caramuxo Teatro. A MOTIX continuará os días 21, 22 e 23 deste mes, cando un total de 2.012 alumnas e alumnos de centros de Narón e comarca poderán ver A la gloria con Gloria Fuertes, de Teatro de Malta. As últimas representacións previstas con cargo a esta mostra teatral serán no mes de novembro, os días 25, 26 e 27, cando Ghazafelhos representará Travesía Unicornio para 1.357 escolares.

No caso das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros, desprazarase aos centros a propia compañía, neste caso Teatro ao cubo, para representar a obra Voo. Serán as últimas pezas que se inclúan na XXXXI Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, os días 1, 2 e 3 de decembro.

Lea también

As Pontes súmase o Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais coa proxección da curta O Lavadoiro

O Concello das Pontes, en colaboración con Seitura 22, súmase á programación do Ciclo Nacional de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *