Últimas prazas en Narón para inscribirse nas dúas actividades do programa Guizo

A concelleira de Política Lingüística de Narón, María Lorenzo, informou que as persoas que desexen asistir ás dúas últimas actividades do programa Guizo, dirixido a menores de 6 a 12 anos, dispoñen aínda dalgunhas prazas para inscribirse nas fixadas para este este sábado, día 18, e para o 15 de novembro.

A iniciativa, de balde, desenvolverase nos dous casos a partir das 11:00 horas no centro cívico social do Couto.

No caso desta semana, os asistentes participarán nun obradoiro de creación de instrumentos ancestrais vencellados á música de raíz, O gaiteiro verde. Os nenos poderán construílos e tamén aprender a tocalos e a interpretar cantigas populares relacionadas con eles. O obxectivo é promover un ambiente creativo para a aprendizaxe e poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural como pobo único e diferenciado.

O vindeiro 15 de novembro será o turno da proposta Aprendices de ornitólog@, un obradoiro teatralizado no que dúas ornitólogas desesperadas por atopar paxaros contarán coa colaboración de nenos para encontralos. Para agradecerllo ensinaranlles ás familias o nome das aves, os seus hábitos, os seus cantos e onde viven en Galicia. A finalidade é que os menores coñezan e aprendan cales son as principais especies de aves en Galicia, como identificalas e a importancia das mesmas nos nosos hábitats.

As inscricións deben tramitarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade do menor participante, da nai, pai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. A información ao completo pode consultarse a través da web do servizo: www.naronengalego.gal.

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …