Alumnado egresado do Campus Industrial de Ferrol presenta o videoxogo “Renegade Jammer” na oitava edición do BCN Game Fest

A coordinadora do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, Luz Castro, xunto co alumnado egresado deste título da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) 

O alumnado egresado do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presenta o xogo “Renegade Jammer” na oitava edición do BCN Game Fest que está a ter lugar en La Farga de Hospitalet de Llobregat (Barcelona), desde este venres, día 10, ata o domingo 12 de outubro. O evento contará, ao longo dos tres días, con máis de 15.000 visitantes e preto de 200 compañías do sector, entre as que se atopan publishers e prensa internacional.

O que comezou sendo a IndieDevDay vén de transformarse nunha cita internacional que pretende converterse no evento gamer de referencia no sur de Europa.

Detrás deste proxecto, nado como Traballo Fin de Máster (TFM), están os antigos estudantes do Campus Industrial de Ferrol, Andrea Alonso, Álvaro Martos, David Muradás, Gael Alberto Quintela, Andrea Salgado e Manuel Sanjurjo. Xuntos conforman Team Kaulu, o estudo que está a desenvolver este xogo de plataformas 3D no que a súa protagonista, xunto con outros compañeiros e compañeiras de viaxe, terá que irromper nas instalacións que esta compañía, dedicada ao estudo das mutacións xenéticas con fins pouco éticos, ten en varias galaxias co obxectivo de boicotear os seus sistemas informáticos e deter a súa actividade.

Primeiro Premio ao Mellor Xogo Indie no Lérez Up de Pontevedra

Con todo, esta non é a primeira vez que o estudo Team Kaulu presenta “Renegade Jammer” en público. En novembro de 2024 participaron na ExpOtaku, en ExpoCoruña e, máis recentemente, a mediados de setembro, no
Lérez Up de Pontevedra onde conseguiron o Primeiro Premio ao Mellor Xogo Indie.
Foto: a coordinadora do máster en Deseño, Desenvolvemento e
Comercialización de Videoxogos, Luz Castro, xunto co alumnado egresado
deste título da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no stand da
Universidade da Coruña (UDC).

Lea también

El Campus Industrial de Ferrol acoge la segunda edición del Ciclo de Conferencias sobre la Automática y la IA durante este mes de octubre

El Salón de Actos Concepción Arenal del Campus Industrial de Ferrol acoge, el próximo lunes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *