Contacontos ilustrado na Biblioteca de Fene para homenaxear ás cantareiras galegas

Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir á función de “Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025”, de Polo correo do vento, que anuncia Biblioteca Municipal de Fene para o vindeiro xoves, 16 de outubro, ás 18 horas.

Para anotarse cómpre facelo presencialmente ou por teléfono (981 342 302) no horario de apertura da instalación: de luns a venres, de 16 a 21 horas ou o sábado, de 10 a 13 horas. Aforo limitado. Actividade dirixida a público de todas as idades.

“Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025” é unha actividade de contacontos ilustrado na que se mestura oralidade, ilustración e música. Neste senso, realizarase unha contada sobre as homenaxeadas no Día das Letras Galegas deste ano, namentres unha ilustradora fai un mural e se escoitan pezas musicais. A actividade concluirá con todos os rapaces facendo unha caricatura da muller protagonista.

Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña. 

Lea también

Ruta de tapas “O estaleiro nas tabernas”, ao abeiro do proxecto Fene 1941

Cinco locais ofrecerán elaboracións inspiradas nos sabores de mar este venres 10 e sábado 11 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *