As Pontes súmase o Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais coa proxección da curta O Lavadoiro

O Concello das Pontes, en colaboración con Seitura 22, súmase á programación do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais coa proxección da curtametraxe galego O Lavadoiro, que terá lugar o mércores 15 de outubro, ás 19:30 horas, na aula polivalente da Casa Dopeso. A entrada será libre ata completar aforo.

A iniciativa enmárcase dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional das Mulleres Rurais, que se celebra cada 15 de outubro. Con esta proxección, o Concello quere recoñecer o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento social, cultural e económico do rural, ao tempo que promove o acceso á cultura a través do cinema.

O Lavadoiro, dirixido por Ana Amado e Lois Patiño, é unha obra que recupera o espazo simbólico dos antigos lavadoiros públicos como lugares de traballo, relación e memoria colectiva entre as mulleres. O curto propón unha reflexión visual e poética sobre a sororidade, o patrimonio inmaterial e a importancia do papel das mulleres na vida comunitaria rural.

Esta actividade forma parte do VIII Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que se desenvolverá entre o 15 de outubro e o 18 de novembro. O ciclo inclúe máis de 800 proxeccións e actividades en 470 localidades das 17 comunidades autónomas, con representación nas 50 provincias españolas.

A mostra complétase cunha programación online gratuíta dispoñible entre o 17 e o 31 de outubro na páxina web oficial do ciclo, accesible tamén desde 13 países de América Latina e o Caribe. A través desta proposta, o ciclo pretende visibilizar a realidade das mulleres rurais, fomentar a reflexión e tender pontes entre o rural e o urbano por medio do cinema.

Lea también

La Asociación de Veciños de Doniños acogió, este viernes, el Certamen de Corales de Navidad

La Asociación de Veciños de Doniños fue este fin de semana el escenario del Certamen …