Alumnado dun ciclo de Turismo do CIFP Rodolfo Ucha visita en Narón as instalacións do CIMIX

A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, desprazouse este xoves ao Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX), acompañado por informadores que traballaron na Oficina de Turismo de Narón, para conversar sobre a cidade en xeral e as instalacións en particular cun grupo de alumnas e alumnos dun ciclo de Turismo que se imparte nas instalacións do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol.

Visita CIMIX

A edil naronesa realizou un repaso pola historia da cidade e tamén polos principais proxectos que se desenvolveron nos últimos anos. Así mesmo, explicou o proceso de recuperación de instalacións de tanto valor patrimonial como o CIMIX, proxectando un vídeo no que se resumían os traballos que se levaron a cabo e que permitiron poñer en valor esta construción. O alumnado amosou o seu interese polos temas abordados e tamén interactuou durante a convocatoria.

Hermida participou ás 10:30 horas na visita guiada que realizaron os rapaces e rapazas polas instalacións, atendendo as explicacións que lles ofrecía persoal do propio CIMIX. Así mesmo, ao remate da visita acompañounos ao punto do paseo de Xuvia onde se atopan as letras de “Narón, Camiño Inglés”, a escasos metros onde se localiza o punto que marca a distancia de cen quilómetros ata Compostela.

Lea también

A Aula Cemit de Xuvia, aberta á cidadanía como espazo tecnolóxico e para realizar exames presenciais EMA de teleformación

A Aula Cemit de Xuvia –praza do Concello de Xuvia-Narón, continúa operativa como espazo tecnolóxico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *