Chega a Ortigueira o proxecto Xogal, cunha proposta de ocio e cultura ao aire libre diferente

Os proxecto XoGal, impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22 en colaboración coa empresa galega Skeirrum, terá a súa terceira cita o vindeiro 11 de outubro, ás 11:00 horas, no Concello de Ortigueira.

Imaxe da jornada Xogal celebrada en Mondoñedo

A experiencia, titulada “Ritmos de Ortigueira ”, propón aos participantes deixarse levar polo son dunha vila única e atopar a súa cadencia: Cada nota conta unha historia, e cada pista ten música. Desde a Escola de Gaitas ata o Festival do Mundo Celta, esta experiencia convida a descubrir Ortigueira a través do son, a emoción e o orgullo dunha vila que fixo da cultura folk un símbolo universal.”
 
Os participantes deberán resolver acertixos, preguntas e probar para completar o percorrido e clasificarse entre os mellores do proxecto, optando así a diversos premios

A inscrición xa está aberta, de forma gratuíta, a través da ligazón: https://skeirrumtienda.com/xogal/. Para participar só é necesario dispor dun teléfono móbil con batería cargada, conexión a internet e calzado cómodo. Con esta proposta, XoGal convida a redescubrir Ortigueira e o seu patrimonio cunha fórmula innovadora que une xogo, historia e cultura. 
 
XoGal é un proxecto que busca dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación, e contempla un total de 10 citas entre agosto e outubro de 2025, en dez concellos diferentes: Navia, Pedrafita do Cebreiro, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Abadín-Gontán, Vilalba, Pontedeume, Ortigueira e Neda.

Lea también

El alumnado de la Escuela Universitaria de Diseño Industrial (EUDI) disputa su tradicional concurso de catapultas impresas en 3D

Un año más, el alumnado del segundo curso del grado en Ingeniería de Diseño Industrial …