A Aula Cemit de Xuvia, aberta á cidadanía como espazo tecnolóxico e para realizar exames presenciais EMA de teleformación

Archivo

A Aula Cemit de Xuvia –praza do Concello de Xuvia-Narón, continúa operativa como espazo tecnolóxico aberto, de acompañamento dixital e como aula dixital, atendida por un profesional na área. As persoas que queiran achegarse poden facelo de luns a venres, entre as 11:30 e as 13:30 horas, tal e como recordou o edil de Novas Tecnoloxías de Narón, Román Romero.

A cidadanía dispón nas citadas instalacións dun aula informática na que se poden realizar trámites, recibir apoio dixital, solventar dúbidas sobre o móbil, ordenador ou internet (descargas de fotos, usar un USB…), con conexón a internet onde poder realizar tamén formación virtual.

A maiores, o edil naronés avanzou que as persoas que remataron cursos de teleformación da Xunta de Galicia e queiran realizar os exames presenciais EMA (para obter certificado oficial) poderán realizalos os días 10 e 24 de outubro, de 12:30 a 13:30 horas, inscribíndose previamente a través da
plataforma Cemit. Deben facelo a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51936.

Eses exames EMA de teleformación están tamén programados para as xornadas do 14 de novembro e o 12 de decembro, tal e como indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías.

Lea también

Herida una animadora del tren navideño de Narón al caer del vehículo en marcha

La joven, que realizaba labores de animación caracterizada como «elfa», fue trasladada a un centro …