Últimos días en Narón para inscribirse no obradoiro de creación de contidos dixitais en galego

As persoas maiores de 16 anos interesadas en inscribirse no obradoiro de creación de contidos dixitais en galego organizado polo Concello, no marco do proxecto Youtubeiras+, poden aínda anotarse a través do correo electrónico a.pita@naron.gal. No escrito a remitir a esa dirección deben figurar o nome e apelidos da persoa participante, enderezo electrónico e teléfono de contacto. Se ben os menores de idade teñen que enviar, ademais, unha autorización asinada polo pai, nai ou titor legal para poder asistir.

A iniciativa desenvolverase no centro cívico social do Alto, este xoves pola tarde, de 18:00 a 19:40 horas, e nel traballaranse contidos como a identidade dixital, análise de contidos e tendencias, estratexia e planificación, técnicas para mellorar a calidade dos contidos ou interacción e construción de comunidade e daranse a coñecer o proxecto Youtubeiras+ e o seu certame, impulsores desta xornada formativa. As persoas encargadas de impartilo serán Nuria Espasandín, de Toxío e Laura Veiga, de Pingando.

O proxecto Youtubeiras + aposta, entre outras medidas, por promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede. Pódese consultar toda a información sobre Youtubeiras +, o seu certame e os obradoiros de creación de contidos na web www.youtubeiras.gal.

Lea también

Lucas Pérez convidado de luxo en Narón na entrega de diplomas do campus Xoán Ramos

A alcaldesa Marián Ferreiro e o edil de Deportes, Ibán Santalla, acompañaron o futbolista de …