A Escola de Participación Cidadá retoma en Doso, Narón, os Consellos Territoriais

A concelleira de Participación Cidadá de Narón, Olga Ameneiro, recordou que na xornada do martes 7 se retomarán os Consellos Territoriais a través da Escola de Participación Cidadá.

A primeira das citas será no local social de Doso, a partir das 19:15 horas e a convocatoria estará presidida pola edil responsable da área, á que acompañarán outros edís da corporación local. En total programaranse catorce xuntanzas nos centros cívicos sociais, nas que participarán representantes das asociacións inscritas e cos datos actualizados no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás.

A edil naronesa convidou ao colectivo a participar nestas convocatorias “para intercambiar opinións sobre asuntos relacionados con cada barrio e parroquia da cidade, fomentando a participación real a través deste organismo”.

A concelleira avanzou que os seguintes Consellos programados ata finais de ano –algunha data está pendiente de pechar- serán o 13 deste mes no centro cívico social de Santa Icía, na Solaina -19:00 horas-; o día 15 no Alto -18:00-; o 20 no de San Xiao -19:00; o 21 en Castro -19:15- e o 22 no do Couto -19:30-. No mes de novembro celebraranse os de San Mateo -18:00 horas- e en decembro está programado o de Pedroso o día 9 -19:00 horas-.

Quedarían pendentes de confirmar os previstos no resto de parroquias e barrios da cidade, que se anunciarán á maior brevidade. As persoas interesadas en recibir máis información sobre estes Consellos Territoriais poden poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón a través do número de teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.gal.

Lea también

A trixésimo segunda edición do ciclo Tempo de Música comeza este domingo no local social da Picota

O Concello de Narón colabora coa Asociación de Veciños do Couto na trixésimo segunda edición …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *