O Campus Industrial de Ferrol conmemora este mércores o Día Internacional da Podoloxía cunha xornada sobre farmacoloxía

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores, día 8 de outubro, a partires das 10:00 horas, unha xornada divulgativa sobre farmacoloxía que organiza a Universidade da Coruña (UDC), a través da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, xunto co Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA) para conmemorar o Día Internacional da Podoloxía.

Un ano máis, esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades do XI Outubro Saudable, promovido pola UDC Saudable, un servizo dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.

A primeira das intervencións da xornada, fixada para as 10:00 horas, correrá a cargo do podólogo e secretario do COPOGA, Martín Veiga Jalda, quen falará sobre a aplicación farmacolóxica na práctica clínica diaria. A partires das 11:30 horas, o podólogo e profesor da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Francisco Alonso Tajes, afondará na relación entre a farmacoloxía e o control da dor e, ás 12:00 horas, a podóloga e tesoureira do COPOGA, Sara Touceda Rey, disertará sobre a receita médica e as ordes de dispensación. Por último, ás 12:30 horas, a podóloga e profesora do Campus Industrial de Ferrol, Raquel Veiga Seijo, ofrecerá un breve relatorio titulado “Farmacoloxía en Podoloxía: Coidando en cada Etapa da Vida.”

Inauguración da xornada

Con todo, ás 10:30 horas terá lugar a inauguración da xornada. Un acto ao que está previsto que asistan a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; o tenente alcalde do Concello de Ferrol,
Javier Díaz Mosquera; a secretaria da Área Sanitaria de Ferrol, María Fernanda López Crecente; o secretario do COPOGA, Martín Veiga Jalda, e o decano da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Pedro Gil Manso.

A xornada sobre farmacoloxía que impulsa a UDC, a través da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, en colaboración co COPOGA está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado ata completar o aforo do Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

Lea también

A Deputación da Coruña presenta “MercaNaVila”, un programa de 6 millóns de euros para apoiar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes

Formoso destaca que se trata dun dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *