Concerto de Pepe Piña no acto de presentación do libro gañador no XXXVII Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a presentación de Pequena vida salvaxe, poemario co que Roberto X. Hermida gañou o XXXVII Premio Nacional de Poesía Xose maría Pérez Parallé que organiza a entidade fenesa coa colaboración do Concello de Fene e a editorial Espiral Maior.

O acto comezará ás 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar aforo. Ao remate actuará o cantautor galego Pepe Piña, concerto organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pepe Piña ofrecera unha mestura de cancións en galego, portugués e castelán, que abrangue desde Galicia ata Portugal e mesmo Brasil, Cuba e Sudamérica. Cancións orixinais dos dous últimos discos editados e cancións coñecidas de todo o mundo. Un concerto íntimo para escoitar e saborear desde Fuxan os ventos a Silvio Rodríguez

Lea también

El alumnado de la Escuela Universitaria de Diseño Industrial (EUDI) disputa su tradicional concurso de catapultas impresas en 3D

Un año más, el alumnado del segundo curso del grado en Ingeniería de Diseño Industrial …