Ferrol en Común insta a remodelación completa do Mercado de Recimil

Ferrol en Común insta a remodelación completa do Mercado de Recimil e insiste nos procedementos de concorrencia para optar a postos baleiros dos tres mercados locais.

FeC expresa que «logo do fracaso do goberno local na captación de fondos europeos para o Mercado de Recimil e da Praza de Rosalía no barrio de San Xoan, en febreiro de 2025 o Partido Popular deixa ao comercio de proximidade a súa sorte, sen orzamento para a remodelación dun mercado en constante devaluación».

Dende Ferrol en Común «celebramos a pavimentación necesaria dos arredores do mercado aprobada na Xunta de Goberno local deste luns, pero é imprescindible executar a rehabilitación integral do mercado, orzamentada en 2,5 millóns de euros e á que o goberno parece renunciar»

«Cando a denegación dos fondos europeos foi efectiva pola mala xestión do goberno do PP para eses dous proxectos, a Praza de Rosalía decidiuse executar con fondos propios, e do Mercado de Recimil nada se sabe».

Dende FeC «consideramos que este elemento identitario do barrio, que xera emprego, protexe o medio ambiente e potencia o consumo de produtos de proximidade, non debe quedar marxinado respecto a outros proxectos, polo que instamos a que no capítulo seis de investimentos do orzamento que se está a elaborar sexa incluído como proxecto prioritario».

Por outra banda, Ferrol en Común «volve a denunciar a discrecionalidade e arbitrariedade na adxudicación de postos de todos os mercados locais, A Magdalena, Caranza e Recimil, que non seguen máis procedemento que a conversa persoal co goberno e atender a criterios subxectivos que non técnicos para a adxudicación. Demandamos un procedemento reglado, aberto, público e transparente, baseado en criterios sociais e non exclusivamente económicos para que os postos baleiros sexan outorgados como novas oportunidades de vida».

Lea también

El Colegio Oficial de Médicos de A Coruña acoge en Ferrol su XVII Encuentro

La ciudad de Ferrol celebra, por primera vez, este evento que honra la dedicación, el …