A Casa da Cultura de Fene acolle en outubro unha exposición de pintura e fotografía de Narart

Nova mostra colectiva da Asociación Narón Amigos da Arte. A exposición, na que participarán dezaseis artistas (14 pintores/as e dúas fotógrafas) inaugúrase este xoves 2 de outubro, ás 19 horas, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene, con entrada libre e de balde.

O horario de visitas á exposición, que concluirá o 31 de outubro, será: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

A exposición de pintura e fotografía de Narart incluirá obras de: Canzobre, Maite Hermida (fotografía), Esther Piñán, Saila Chao, Beba Pereira, Pilar Criado, Mary López, Mayte López (fotografía), Crisanto Poveda, Manuel Carballeira, R. Climent, Manuel Amor, Jesús Victoria, Manoly Miraz, Eva Bergantiños e Sol Lamas.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …