Primeiro consello da lingua en Ferrol tras o inicio do curso escolar

A concelleira Patricia Cons deu a coñecer as actividades previstas para os próximos meses.

A concelleira de Normalización Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, presidiu onte pola tarde o Consello municipal da lingua. Durante o transcurso do mesmo, Cons avanzou as actividades que se levarán a cabo no último trimestre do ano, entre elas, a de Apego que comezarán o próximo martes 7 coa peza teatral Barquiño de pau de A Tropa de trapo, que se representará na capela do Centro Cultural Torrente Ballester ás 18.30 horas.

As seguintes representacións previstas en outubro son Contos a centos (día 14), a A avoa Mariña (día 21) e Contos con unto e ósos de defuntos (día 28). En novembro, a cita co teatro será o día 4 con Castelao, un corazón á intemperie, o día 11 Alfabeto Castelao e o día 18 coa obra Ledicia. A programación do 2025 rematará o 2 de decembro con Unha tradición diferente. As representacións terán lugar entre a capela do centro cultural Torrente Ballester e o antigo Hospicio.

Así mesmo, está previsto un curso de introdución á lingua e cultura galega, para maiores de 16 anos que se achegan por primeira vez ao galego, que se levará a cabo o próximo mes de novembro.

Ademais, a cidade acollerá a Gala Youtubeiras +, que terá lugar o 7 de febreiro do 2026 no teatro Jofre. Youtubeiras+ é unha iniciativa de dinamización lingüística que xorde no ano 2015, da man da Universidade da Coruña en colaboración coa CTN, dedicado á mocidade.

Lea también

Siete empresas presentan ofertas para realizar el aglomerado del tramo de la avenida de la Residencia

El tramo de 738 metros de la avenida de la Residencia que conecta la rotonda …