O presidente da Deputación da Coruña destaca “o futuro de Galicia está ligado ao rural”

Valentín González Formoso inaugurou na Coruña o foro organizado polo Grupo Lence, no que reivindicou “o papel clave do rural no futuro de Galicia” e detallou os principais programas da institución provincial para garantir servizos, emprego e oportunidades nos concellos máis pequenos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou no espazo ABANCA da Coruña na ianuguración do III Foro de Activistas por un Futuro Rural, organizado polo Grupo Lence.

No acto participaron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintana e a presidenta do Grupo Lence, Carmen Lence.

No seu discurso, Formoso destacou que «o futuro de Galicia está ligado ao rural» e que “o apoio ao rural non pode basearse só en discursos, senón en feitos concretos”, como os que impulsa a Deputación da Coruña a través de diferentes plans e investimentos.

Formoso agradeceu ao Grupo Lence e á súa presidenta, Carmen Lence, a invitación a participar nun foro que definiu como “un espazo de referencia para quen cre, coma nós, que o rural galego ten futuro”. “Non cremos nun rural como un lugar para pasear as fins de semana, senón nun rural productivo no que se poda vivir e traballar”, afirmou.

Investimentos históricos no rural cos plans da Deputación

O presidente puxo en valor a evolución do Plan Único (POS+), a ferramenta coa que a Deputación financia obras e servizos municipais. Desde a chegada do seu goberno hai unha década, o orzamento do plan pasou de 24 millóns de euros anuais a entre 90 e 100 millóns, cun total de 834 millóns investidos en máis de 4.500 obras nos 93 concellos da provincia.

A nivel económico e laboral, destacou tamén o Plan de Emprego Local (PEL), co que a Deputación leva investidos máis de 120 millóns de euros para a creación de 7.700 empregos, o apoio a 2.700 empresas4.000 autónomos e 260 proxectos emprendedores, a maior parte deles en concellos rurais a través da rede de 11 espazos coworking comarcais.

Nova área de Mar e Medio Rural e apoio aos sectores produtivos

Formoso salientou a creación, por primeira vez, dunha área específica de Mar e Medio Rural dentro do goberno provincial, “porque o rural non pode seguir sendo tratado como un anexo ou unha nota ao pé”.

Neste sentido, informou de que a Deputación está a apoiar este ano 73 entidades agrarias e forestais e case medio cento de confrarías de pescadores e mariscadores, con liñas de axudas para protexer os montesmodernizar o sector produtivo e fomentar razas autóctonas de gando, entre outras medidas.

O presidente tamén puxo o foco no potencial do rural galego como espazo clave para a xeración de enerxías renovables e para liderar unha transición sostible con impacto positivo na economía e o medio.

Mellorar os servizos do rural para vivir nel

Durante a súa intervención, Formoso insistiu na necesidade de garantir servizos públicos básicos, como escolas, transporte, sanidade, emprego e atención ás persoas maiores, para que a vida no rural sexa unha opción viable: “A xente vivirá no rural se lle ofrecemos emprego e servizos”, afirmou.

Tamén advertiu dos desafíos estruturais que afectan ao territorio galego, como o minifundio, sinalando que “en Galicia hai 4 millóns de parcelas, máis que no resto de España xunta”.

Formoso concluíu asegurando que a Deputación da Coruña seguirá apostando polo rural con feitos, defendendo que “o futuro de Galicia pasa polo desenvolvemento do rural” e que o obxectivo é construír ese futuro “da man da súa xente”.

Lea también

La Xunta impulsa la rehabilitación de 39 viviendas municipales en 24 municipios, con una inversión de 1,8 millones

El gobierno autonómico gallego destina este año más de 1,8 millones de euros a la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *