Este martes, conferencia “Enxarcia e arboradura, a importancia do equilibrio” no Campus Industrial de Ferrol

Canal de Ensaios Hidrodinámicos (Centro de Investigación en Tecnoloxias Navais e Industriais)

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o próximo martes 30 de setembro, ás 18:15 horas, a conferencia “Enxarcia e arboradura, a importancia do equilibro” impartida polo enxeñeiro naval F. Javier Pamies Durá.

A actividade está impulsada polo Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos (COIN) e máis pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) en colaboración coa Deputación da Coruña.

As persoas interesadas en asistir a esta conferencia terán que inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos persoas a galicia@ingenierosnavales.com ou ben chamando ao 981 372 200 antes das 14:00 horas do martes 30 de setembro. A asistencia é libre e gratuíta ata completar o aforo.

Lea también

Más de cien personas participaron en el Festival «Afrontemos» de la UDC, una jornada de reflexión y aprendizaje sobre la salud mental

El Campus Industrial de Ferrol acogió este jueves, día 7 de mayo, el Festival Afrontemos, …