Psoe Ferrol acusa ao goberno local de incumprir a promesa de abrir cinco comedores sénior

O grupo socialista acusa ao goberno local de incumprir a súa promesa de abrir cinco comedores sénior e de levar case dous anos sen contrato cun proxecto piloto de tres meses.

A concelleira  Eva Martínez lembra que «o peche pola COVID dos comedores durante o pasado mandato foi motivo de oposición furibunda polo Partido Popular, que se comprometeu a abrir os cinco espazos nos 100 días de goberno». Os socialistas lamentan «a instrumentalización deste tema durante o mandato de Ángel Mato polo PP», e afirman que «o tempo, lamentablemente e de novo, demostra que tiñamos razón»

O grupo socialista, a través da concelleira Eva Martínez Montero, acusou ao goberno local «de incumprir sistemáticamente a súa promesa de abrir os cinco comedores sénior aos que se comprometera en campaña electoral e cando chegou ao goberno municipal», «e o que é peor, en decembro cumpriranse dous anos dende que rematara un proxecto piloto coa apertura dun comedor no centro de maiores de Río Xubia e, polo tanto, que está funcionando sen contrato».

«Esta situación irregular o que significa é que na actualidade, e dende hai case dous anos, se mantén aberto un único comedor no que comen de balde vinte persoas, xa que ao non existir tampouco ordenanza reguladora, non se pode regular o prezo dos menús», denunciou a concelleira, que subliñou que «pedimos xa hai meses información sobre os perfís de persoas usuarias dun comedor que ten un obxectivo prioritario de combater a soidade non desexada, pero o goberno de Rey Varela non entregou absolutamente nada, e tampouco sabe cando poderá resolver esta situación claramente anómala».

Para a edil socialista, «resulta inxusto que vinte persoas se estean beneficiando dende hai dous anos dun recurso que se artellou como proxecto piloto para só tres meses para, segundo xustificou o PP, poder desenvolver a tramitación e apertura dos cinco comedores sénior», ademais de evidenciar a «falta de xestión do goberno local e de cumprimento das súas promesas».

A este respecto, Martínez Montero lembrou que «os comedores sénior, que tiveron que pechar durante a pandemia e postpandemia e despois non foron reabertos por falta de demanda, «foron tema estrela e dunha oposición furibunda do PP durante o pasado mandato, malia recibir explicacións case semanais da situación xerada con estes recursos».

«A apertura dos cinco comedores foi unha das propostas do alcalde para os 100 primeiros días de goberno; promesa á que chegou grazas ao contrato menor que vendeu como proxecto piloto e coa excusa de precisar eses tres meses para poder abrir o resto, pero a realidade é que, tras máis de dous anos de goberno, Ferrol conta cun comedor social de balde e non sabe cando poderá regularizar esta situaxión e abrir os catro restantes», afirmou a concelleira, que concluíu que «o tempo, lamentablemente e de novo, vén darnos a razón».

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *