Ciclo de conferencias e saídas naturalistas da Sociedade Galega de Historia Natural-Ferrol

A provincia da Coruña conta cun patrimonio natural diverso, e este ano dende a delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN-Ferrol) están a coñecer en profundidade diferentes hábitats e especies ameazadas da man de asociacións que traballan para protexelas, así como a través de pequenos roteiros, onde  poderanse ver in situ os proxectos de conservación que estas entidades realizan.

Con vistas a ofrecer información sobre estas actividades que veñen organizadas pola SGHN-Ferrol baixo patrocinio da Deputación da Coruña, preparouse un calendario das vindeiras actividades previstas (conferencias e saídas).

As conferencias non precisan de inscrición previa, e serán de acceso libre ata completar aforo no auditorio do Museo de Historia Natural na Praza de Canido. 

 De ter interese nalgunha das saídas previstas, a inscrición só será posible no momento de saír anunciada cada unha destas nos habituais medios da SGHN (correo electrónico, RRSS, etc).

Unha vez anunciada cada unha das saídas ao medio, para efectuar a correcta inscrición de cada participante, deberase aportar o nome completo (nome+2 apelidos); DNI (con letra); teléfono de contacto e data de nacemento (esta última é por esixencia do seguro).

SAÍDAS:

·27/09/2025
Ruta guiada por algunhas fincas da asociación Brexa. 
 
·11/10/2025
Ruta guiada a unha finca custodiada pola asociación Betula
 
·18/11/2025
Visita ao Cal, espazo natural.

CONFERENCIAS:

· 26/09/2025
«Confi», o arroaz varado pola incomprensión humana
Dr. Alfredo López (CEMMA)

· 03/10/2025
A custodia do territorio por parte da Asociación Betula
Pedro Cruzado Díaz, Luisa Montero Pazos, Berta Rodríguez Pena e César Martinez (Asoc. Betula)

· 10/10/2025
Restauración e conservación comunitaria: o exemplo de Froxán
Dr. Joám Evans Pim (Ciencias Sociais, Fund. Montescola)

· 14/11/2025
Dez anos de contribucións ao coñecemento da ecoloxía de vertebrados de Galicia
Prof. Dr. Alejandro Martínez Abraín (UDC)

· 21/11/2025
Impacto dos cans sobre as aves acuáticas que fan uso do ecosistema praia
Sabela Barcia Pernas (Bióloga Estudante de Mestrado USC)

· 12/12/2025
Do asfalto á area: a renaturalización da duna de Santa Cristina
Noelia Pereira Álvarez (Doutoranda USC)

· 19/12/2025
A lagoa da Frouxeira, o gran humidal por descubrir, a auga entre dous mundos.
Prof. Dr. Rafael Carballeira Coego (Univ. San Pablo-CEU)

Lea también

Carmen Conde leva a Cedeira “O que non estaba escrito”

O ciclo “Cantos e Contos ao Solpor” do Concello de Cedeira trasládase este sábado 20 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *