Narón abrirá o vindeiro martes o prazo de inscrición no curso de “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”

A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o Concello abrirá este martes, día 23, ás 8:30 horas o prazo de inscrición nun novo curso do Programa municipal de Formación sobre “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”.

A edil naronesa recordou que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas, ofertándose 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Poderán anotarse persoas doutros concellos, que accederán á acción formativa no caso de que queden vacantes. As inscricións poden tramitarse ata o 29 de setembro ás 13:00 horas a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal, ou mediante os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O curso terá unha duración total de 210 horas, que se prevén impartir do 6 de outubro ao 2 de decembro deste ano –de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas- no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Inclúe unha parte de prácticas profesionais non laborais en empresas (100 horas en total), cinco horas ao día, que se desenvolverán do 5 de novembro ao 2 de decembro nun horario que se determine.

O alumnado acudirá a clases de Adaptación ao posto de traballo; Prevención de riscos laborais específicos do posto de traballo; Comunicación e atención á clientela; Loxística e técnicas de venda; Procedementos de cobro e pago das operacións de venda, e Organización, distribución e reposición de produtos, Promoción do punto de venda, entre outros.

As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello ou contactando co Servizo Sociocomunitanio no teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

Lea también

Uns 300 deportistas participarán este sábado 20 no Acuatlón Cidade de Narón

Uns 300 deportistas participarán mañá no Acuatlón Cidade de Narón. Campionato Xunta de Galicia organizado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *