Narón súmase coa asociación Curuxa á limpeza de ríos en Galicia organizada por Adega e Proxecto Ríos

O concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, e Borja Díaz, técnico en Educación e integrante da asociación Curuxa informaron sobre a celebración, este domingo día 21, da “XVIII Limpeza simultánea de ríos” baixo o lema “Móllate polos ríos”.

A convocatoria desenvolverase 16:00 e as 19:00 horas e os participantes concentraranse nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, na zona do parque, para iniciar a limipeza do río Freixeiro polo cauce fluvial en dirección ao muíño das Aceas. O Concello aportará material e servizos para poder levar a cabo esta convocatoria, na que tamén participarán activamente representantes do goberno local. Poderán sumarse á mesma todas as persoas que o desexen, debendo levar calzado axeitado –botas de auga- para traballar pola beira do río Freixeiro.

As nenas e nenos menores de idade deberán ir acompañados do pai/nai ou titor/a. Para anotarse solicitar máis información sobre esta actividade pódese chamar haberá que chamar aos números de teléfono 627 396 653 ou 722 266 539 e para inscribirse pódese mandar un correo electrónico ao mail: asociacioncuruxa@gmail.com.

O proxecto ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que ten entre os seus obxectivos fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando ferramentas que garantan a súa participación. Dende a organización e o Concello animaron á cidadanía a participar nesta iniciativa medioambiental.

 

Lea también

Narón abrirá o vindeiro luns o prazo para solicitar a instalación de postos no XVI Mercado de segunda man

O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá o vindeiro 30 de novembro …