A Deputación coruñesa presenta en San Sebastián o CEI-Coruña Estudio Inmersivo

A presentación terá lugar este domingo 21 de setembro, ás 12.00 horas, no Hotel María Cristina de San Sebastián e contará coa presencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

Este domingo, 21 de setembro, a Deputación da Coruña presentará no prestixioso Festival Internacional de Cine de San Sebastián o CEI – Coruña Estudio Inmersivo, o plató virtual máis avanzado de España e unha infraestrutura pioneira na nova xeración de rodaxes inmersivas.

O acto, que se celebrará no Hotel María Cristina da capital donostiarra de 12:00 a 14:00 horas, estará presidido polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e polo presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco. Xunto a eles estarán representantes de Pedralonga Estudios, empresa que xestiona o CEI e que impulsa este proxecto chamado a revolucionar o sector audiovisual desde Galicia.

A convocatoria reunirá aos grandes axentes das produtoras de cine e televisión nacionais e internacionais, representantes de plataformas de contidos audiovisuais como Netflix, Amazon Prime Video ou Disney+, televisións nacionais e medios especializados, institucións e asociacións profesionais do ámbito estatal e europeo. Trátase dun evento estratéxico para posicionar o CEI como centro de referencia en produción virtual a nivel internacional.

Un estudo de vangarda para a produción do futuro

O CEI conta cunha superficie de máis de 2.000 m² e está dotado coa última tecnoloxía en produción virtual, realidade estendida (XR), escenografía dixital e integración en tempo real de actores e efectos visuais. Situado na Cidade das TIC da Coruña e xestionado por Pedralonga Estudios, aspira a converterse nun polo de atracción para grandes producións cinematográficas e televisivas, tanto españolas como internacionais, que poderán ter A Coruña como localización.

O obxectivo da presentación en San Sebastián é reforzar a visibilidade do proxecto ante os principais axentes da industria audiovisual nacional e internacional e establecer alianzas estratéxicas que consoliden a posición de Galicia como territorio creativo, innovador e competitivo no sector audiovisual.

Spot promocional

Archivo – Plató Virtual de Coruña Estudio Inmersivo – DIPUTACIÓN DE A CORUÑA –

Durante o acto presentarase o novo vídeo promocional do CEI e haberá intervencións institucionais e profesionais, seguidas dun aperitivo de networking co obxectivo de favorecer os contactos e establecer posibles acordos de cooperación.

O evento supón unha gran oportunidade para dar a coñecer o CEI aos actores clave da industria audiovisual nun dos escenarios máis recoñecidos do cinema europeo, a 73 edición do Festival de San Sebastián, onde se atopan máis de 1.000 periodistas de 42 países acreditados e miles de profesionais da industria audiovisual e institucións culturais.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …