As Pontes publica o listado de vacantes nas escolas municipais culturais e abre inscricións

O Concello das Pontes publica o listado de prazas vacantes nas escolas municipais culturais para o curso 2025-2026 e abre o prazo de inscrición, dende este xoves 18 ao 24 de setembro, para o alumnado de novo ingreso.

A solicitude deberá realizarse, preferentemente, dforma telemática a través da sede electrónica do concello.  Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a vernes, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula.

Unha vez cubertos e asinados poderán presentalos no mesmo departamento ou a través do correo electrónico (cultura@aspontes.org)

adxudicación destas plazas farase de forma directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles ou por sorteo público no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …