O tenente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, xunto á vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Isabel Ares Pernas, e membros da corporación, recibiu na mañá deste mércores a preto de 50 alumnos de diferentes universidades do mundo que cursarán o primeiro cuatrimestre no Campus Industrial de Ferrol.
Durante catro meses os estudantes ampliarán coñecementos na Escola técnica enxeñería de Ferrol, Escola universitaria de Deseño Industrial, Facultade Ciencias do Traballo, Facultade de Enfermaría e Podoloxía e na de Humanidade e Documentación.
Os estudantes proceden dun total de 20 países: Alemaña, Italia, Portugal, Arxentina, México, Brasil, Corea, Camboia.. entre outros.
Díaz expresou o seu desexo de que a expedición recibida este mércores desfrute da cidade e do seu patrimonio natural e histórico e concluíu as súas palabras agradecendo ás universidades implicadas o seu compromiso coa formación sen fronteiras.