Ferrol en Común considera inaceptable a condonación á parte privada de Emafesa. FeC afirma «na Xunta de Voceiros deúsenos traslado dunha proposta pola que a Empresa Pública renuncia a cobrar os 4 millóns de euros que lle adebeda Socamex ao Concello de Ferrol en forma de canon a cambio dunha operación de arquitectura financieira que supón reducción de capital e ampliación de capital algo sen ningún tipo de precedente coñecido na administración pública e que supón a fuxida cara adiante dunha nefasta xestión por parte da empresa privada que xa denunciamos no seu momento dende Ferrol en Común coa falta de saneamento ou a imposibilidade de cambiar a súa Xerencia polo bloqueo que sometía a parte privada ao Consello de Administración dunha empresa que é eminentemente pública e presta un servizo público e todo isto consecuencia da posible falta de entendemento co Concello de Narón pola nula xestión política do Goberno Local de Ferrol e tamén pola falta de previsión dos custos enerxéticos dun sistema que non é sostible e que co sistema que se pretende implementar no saneamento do rural vai supoñer aínda mais custo enerxético ao non optar por sistemas mais modernos e mais sostibles como son as microdepuradoras e outros».
«O que isto supón é a ampliación ao 93% do capital público para o Concello de Ferrol e unha vez que esta desfeita xa se materialice o que si esiximos dende Ferrol en Común e que a xestión sexa eminentemente pública, que se acceda ao 100% e que o nomeamento da xerencia, o cadro de persoal, os traballadores e traballadoras pasen a depender directamente do Concello para evitar este sometemento da Administración Pública por parte dunha empresa privada».
Dende Ferrol en Común tamén requerimos que «o acordo con Narón se materialice canto antes, que Emafesa non renuncie a prestar o servizo da depuración nin do abastecemento e que se blinde como Empresa Municipal adquirindo non o 93% senón o 100% do capital de forma inmediata para evitar chantaxes por parte dos socios privados»
Asimesmo dentro doutro orden de cousas Ferrol en Común considera inaceptable a exención do 95% do ICIO na Cidade Deportiva do Racing de Ferrol, afirma que na Xunta de Voceiros «deusenos tamén traslado da proposta de declarar de especial interese as obras da Cidade Deportiva do Racing de Ferrol e dende Ferrol en Común tanto no caso do Racing de Ferrol como calquera club deportivo da nosa cidade entendemos que unha actividade social que fomenta valores como a convivencia, a tolerancia e o respecto debe ser apoiada e sostida sexa cal sexa a entidade pero cremos e debemos sinalar dúas cousas que a o noso modo de ver son inaceptables»:
«Esta concesión pola porta de atrás o que cola e deixa lugar e a unha exención do 95% do ICIO, e dicir, unha forma de darlle un privilexio a unha entidade privada, algo que nós non podemos compartir xa que igual que cada cidadán de Ferrol paga os seus tributos, sexa a contribución, imposto de vehículos, sexa cal sexa de forma regular e senón pola vía de apremio, o Racing de Ferrol non pode ter un tratamento distinto a calquera particular ou empresa e menos cando non está ofertando un servizo de carácter asistencial como se fixo no caso do Hospital ou calquera entidade que presta servizos sociosanitarios á comunidade. Neste caso é unha empresa puramente privada e aínda que o deporte debe protexerse iso non debe implicar ningún tipo de privilexio en material tributario».
Dende Ferrol en Común «agardamos que todo este desembolso que se está a facer co Racing de Ferrol, que toda a cidade apoia e Ferrol en Común tamén, teña o mesmo tratamento equiparable nos outros clubes e entidades da cidade porque non hai deporte minoritario e todos deben ser tratados en igualdade de condicións, cando son moitísimas mais as nenas e nenos que fan deporte de base noutros clubes da cidade que é o que debe primar mais alá da asistencia de público a un evento o que importa no deporte e a súa masa social, a súa canteira, a súa forma de incentivar o deporte de base que é o que realmente interesa como servizo público que é o Concello de Ferrol, protexer, incentivar, fomentar e neste caso subvencionar ou dar facilidades para o seu crecemento»
«Polo tanto, aínda que respaldemos que exista esa Cidade Deportiva non podemos compartir a forma en que se está a facer xa que estamos falando dunha empresa privada que ten máis que fondos suficientes para pagar os tributos municipais como calquera cidadán».