Unha unidade móbil para a doazón de sangue desprazarase este mes a varias ubicacións de Narón

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazarase catro días deste mes á cidade de Narón, onde estará operativa en diferentes ubicacións.

A primeira xornada será este mesmo martes 16 cando se poderá doar sangue nas inmediacións da cooperativa do Val en horario de mañá, de 9:30 a 14:30 horas. Esta mesma semana o vehículo tamén estará en Xuvia, nas inmediacións do Xulgado de Paz, o venres 19 pola tarde, de 15:30 a 21:00 horas. As seguintes dúas citas programadas son para a vindeira semana, os días 22 e 23, nos que a unidade de ADOS estará nas inmediacións do novo centro de saúde. En ambas xornadas estará operativa en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00 horas.

Para doar sangue é preciso almorzar previamente e despois de xantar (non realizar comidas copiosas) esperar dúas horas. Así mesmo, débese acudir ás unidades móbiles coa tarxeta de doazón, DNI ou algún documento similla e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.

Dende ADOS recordouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …