Ana Ares, comprometida co Campus Industrial de Ferrol e coa sociedade

Ana Ares Pernas, (Neda, 1975), é desde o 16 de xaneiro do 2024 a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña. É Licenciada en Ciencias Químicas pola USC e Doutora pola UDC en Ciencia e Tecnoloxía de Polímeros. No sector privado, traballou como técnica de calidade en POLIGAL. Ademais, foi subdirectora da Universidade Senior e Directora do Campus Industrial de Ferrol.

Os seus amigos, coñecidos, compañeiros e veciños, e mesmo algúns estudantes cos que Galicia Ártabra se entrevistou considérana como unha muller traballadora, entregada, solidaria, confiable, próxima, unha gran docente, unha estupenda compañeira e sobre todo boa xestora.

E algo «debe ter ao seu favor», só fai falta ver a hemeroteca e lembrar que neste ano 2025 recibiu o premio «Ártabro» de Galicia Ártabra pola «defensa dos intereses de Ferrol», polo seu intenso labor no Campus; Premio do Festival Ilustrado; e o concello de Narón nomeouna «muller do ano«, sen esquecer como o seu pobo natal nomeouna pregoeira  da «Festa do Pan de Neda-2024».

Sabe compaxinar o seu labor docente coa da sociedade, é moi fácil vela nun acto oficial da Armada, do Concelllo de Ferrol, de outros organismos e entidades; como nunha inauguración ou nun acto cultural. Pensamos que a súa política persoal, é a de estar co pobo ben no oficial como no cidadán. E sempre cun sorriso.

Aproveitamos o inicio do curso universitario 2025-26 para manter con ela unha entrevista sobre temas relacionados coa Universidade da Coruña, no seu Campus Industrial.

O crecemento do estudantado

GA.Este curso académico comeza coa maioría das titulacións pechadas. Como valora a consolidación do aumento de estudantes no Campus Industrial de Ferrol?

AA.-«A consolidación do aumento de estudantado no Campus Industrial de Ferrol é unha magnífica noticia e unha proba de que existe unha demanda real e crecente pola nosa oferta académica, tanto nos graos tradicionais coma nas novas titulacións, que responde á realidade da comarca, cunha elevada carga de traballo e unha forte demanda de perfís técnicos e especializados.

Sen esquecer o intensa labor de promoción que se estivo a realizar nos últimos anos intentando achegar ao alumnado potencial e ás súas familias a calidade da nosa formación académica e as oportunidades profesionais que abre.
Este crecemento penso que contribúe a xerar un impacto moi positivo na cidade e na comarca, atraendo xuventude, talento e novas oportunidades. Ademais, amosa que a aposta polo modelo de Campus Industrial, especializado e con conexión directa co tecido produtivo, é acertada».

Mellorar o benestar da comunidade universitaria

GA.- Ademáis da xestión académica, é vicerreitora de Responsabilidade Social. Como se integra a dimensión social na vida universitaria diaria? Como valora  servizos como a UDC Saudable, a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) ou o programa Afrontemos e o seu impacto no alumnado?

AA.-«A responsabilidade social é unha parte esencial da vida universitaria, porque a universidade debe contribuir non só a formar profesionais senón tamén a formar unha cidadanía comprometida e consciente das necesidades da súa contorna.
Asi, a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) ofrece ao alumnado a posibilidade de participar en actividades de voluntariado en colaboración con entidades locais pero tamén en actividades de cooperación en países en vías de desenvolvemento en colaboración con ONGs.
A través da UDC Saudable tamén contribuimos a promover hábitos de vida saudable no noso alumnado, con actividades relacionadas coas habilidades para a vida, a nutrición, a xestión do tempo, entre outras, promovendo que a universidade sea un espazo saudable e sustentable, con iniciativas como a do Campus sen Fume. Sen esquecer o programa Afrontemos, que é un servizo de atención psicolóxica dirixido á comunidade universitaria.

O impacto destes programas é moi positivo, porque contribúen a mellorar o benestar da comunidade universitaria e a xerar un sentimento de pertenza e responsabilidade compartida, facendo que o paso pola universidade sexa unha experiencia integral, que vai máis alá da formación académica e que reforza valores que serán valiosos tamén na súa vida persoal e profesional».

Aprendizaxe-Servizo (AsP)

GA.- Dentro do ámbito da Responsabilidade Social, tamén debemos falar da Aprendizaxe-Servizo (AsP), que celebrou o seu 10º aniversario no campus ferrolán o pasado curso académico e que se está a se consolidar como unha metodoloxía que combina a formación académica co compromiso social. Como se está a aplicar no Campus Industrial de Ferrol e que valor engadido achega tanto ao alumnado como á sociedade?

AA.«A Aprendizaxe-Servizo (ApS) leva xa unha década no campus e está a consolidarse como unha metodoloxía moi valiosa porque permite combinar a formación académica co compromiso social.

No Campus Industrial de Ferrol aplicámola a través de proxectos nos que o alumnado pon os coñecementos que adquire na aula ao servizo de necesidades reais da comunidade, en colaboración con entidades sociais, administracións ou colectivos locais.

Así, durante estes 10 anos, leváronse a cabo proxectos moi diversos en tódalas escolas e facultades, como por exemplo, o deseño dun catamarán adaptado para personas con discapacidade, feiras científicas, obradoiros de alfabetización dixital ou de reciclaxe e consumo responsable dirixidos a persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social ou proxectos sobre moda sustentable.

O valor engadido é dobre: por unha banda, o alumnado adquire unha aprendizaxe máis práctica, contextualizada e con maior conciencia do impacto que terá a súa futura profesión; por outra, a sociedade benefíciase de solucións innovadoras e dun vínculo máis estreito coa universidade. Así, fortalecemos o papel do campus como motor de transformación social e formamos profesionais non só competentes, senón tamén
comprometidos».

Quedan retos por diante

GA.- Como valora o  tempo que leva no cargo? Cree vostede que os obxectivos que se propuxo xa se cumpriron?

AA.Este ano e medio foi moi intenso e enriquecedor. Foi un período no que se puido avanzar nalgúns dos obxectivos marcados, como a consolidación do Campus Industrial de Ferrol, a maior visibilidade e o impulso da responsabilidade social universitaria. No eido da responsabilidade social, por exemplo, aprobamos un Plan de Vida Saudable e Benestar para a nosa comunidade universitaria, que marcará a nosa folla de ruta de aquí ao 2030, construíndo novas alianzas con distintas administracións que nos permitirán por en marcha moitas iniciativas nos próximos anos e que nos permitiron xa reforzar algúns dos nosos programas, como a propia UDC Saudable ou o programa Afrontemos.

Tamén iniciamos unha colaboración con outras universidades españolas para a creación dun programa común para facilitar ao alumnado refuxiado continuar os seus estudos na nosa universidade, o que reforza o Programa Abriga, que xa ten uns anos de vida na Universidade da Coruña (UDC) e grazas ao cal podemos acoller a alumnado procedente de zonas de conflicto.

Con todo, tamén son consciente de que quedan retos por diante. A universidade é un espazo en permanente transformación, e debemos seguir traballando para reforzar a súa conexión coa sociedade, mellorar espazos e servizos e garantir que o noso alumnado teña a mellor formación e apoio posibles. Así que si, hai obxectivos cumpridos, pero tamén moitos desafíos que nos marcan o camiño a seguir».

Unha universidade máis inclusiva, comprometida e atenta ao benestar da súa comunidade

GA.- Se tivese que resumir, cal é o principal obxetivo que se marca como vicerreitora para este curso académico no Campus Industrial de Ferrol? E no ámbito da responsabilidade social?

AA.-«No Campus Industrial de Ferrol, o principal obxectivo para este curso é seguir consolidando o crecemento de alumnado e reforzar a calidade da docencia e da investigación, sempre en conexión co tecido produtivo da comarca.

Queremos que o campus continúe sendo un polo de atracción de talento e unha referencia en innovación vinculada á industria. Tamén queremos seguir apostando pola internacionalización do campus e que o número de alumnado estranxeiro continue medrando como o está facendo nos últimos anos, poñendo en marcha novas iniciativas para posicionar o campus a nivel internacional.

No ámbito da responsabilidade social, o obxectivo é afondar nunha universidade máis inclusiva, comprometida e atenta ao benestar da súa comunidade. Un reto concreto para este ano é iniciar en Ferrol un programa formativo dirixido a persoas con discapacidade cognitiva, algo que a UDC xa puxo en marcha no Campus de Coruña hai uns anos, o Programa Espazo Compartido, para o que estamos iniciando contactos coa industria da contorna e o tecido asociativo».

PREMIO «ÁRTABRO» 2024-25

En abril de este año Galicia Ártabra como es tradicional celebró su XIV aniversario entregando los «premios artabros». El correspondiente al «Ártabro-Defensa de los intereses de Ferrol» le fue otorgado a Ana Ares. Recogió el premio, con sorpresa al ver que se lo entregaba una compañera, la vicerrectora de Profesorado de la UDC Teresa López Fernández. 

Como todos los premiados dirigió unas palabras…

Es un honor recibir un premio por aquello que mas me gusta, que es trabajar todos los días y hacer que el Campus esté más cerca de la sociedad, más cerca también de las empresas, de nuestras instituciones. Por lo tanto un honor.

Pero este premio, este galardón, la verdad es que es para un trabajo de mucha gente, de todos los que están en el Campus de Ferrol, de toda la comunidad universitaria, del profesorado, de todo el personal , del estudiantado, del personal contratado, también del equipo de gobierno. Para mi es un placer trabajar aquí en Ferrol, me siento muy cercana a las empresas, a la Sociedad, a las que siempre tengo que agradecer que estén con nosotros, y por supuesto a todas las instituciones que están aquí representadas, el alcalde, la Xunta de Galicia, que gracias a ella tenemos la acreditación como campus industrial de Ferrol, la Diputación, el Puerto, la Armada., a todas las instituciones que siempre están ayudando a que el Campus cada vez brille más. Gracias a ese trabajo en colaboración entre todos hace que Ferrol sea cada vez más grande y cada vez tener el Ferrol que todos queremos y el que merecemos».

 

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol incorpora dous novos investigadores grazas a dúas convocatorias propias para captar e reter talento

O investigador predoutoral Leandro Alejo Rodríguez e o investigador postdoutoral Juan José Parajó veñen de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *