Café Teatro do Pazo de Narón acolle a presentación do proxecto “Compostaxe descentralizada e inserción sociolaboral”

O Concello de Narón colabora con Seitura 22 no proxecto de cooperación “Compostaxe descentralizada e inserción sociolaboral”. Unha das iniciativas que se porá en marcha con cargo a este proxecto, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, é unha xornada de presentación do mesmo, que terá lugar o vindeiro mércores, día 17, no Café Teatro do Pazo a partir das 17:00 horas.

A convocatoria diríxese ás persoas interesadas na compostaxe comunitaria, máis concretamente ás entidades sociocomunitarias do territorio e entidades do terceiro sector.

Profesionais na materia explicarán aos asistentes as diferentes actuacións que contempla o proxecto e tamén se darán a coñecer experiencias de compostaxe comunitaria.

Lea también

Aberta a inscrición en Narón na acción formativa de soldadura MIG/MAG para persoas desempregadas

O Concello de Narón iniciou o proceso de selección do alumnado para participar no certificado …