Sábado 13 de setembro de 2025
Actividade: VI Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage Lugar: Pavillón da Mocidade Hora: 10:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00 horas.
Unha trintena de anticuarios chegados da comarca e doutros concellos de Galicia e doutras comunidades participarán nesta convocatoria. A entrada é de balde.
Actividade: Escándalo na Biblioteca! Lugar: Biblioteca municipal Hora: 11:00 horas.
Actividade de escape room para nenos a partir de 8 anos. A actividade require inscrición previa.
Actividade: Noites de retranca. Lugar: Pazo da Cultura. Hora: 20:00 horas.
Os actores Quico Cadaval, Oswaldo Digón e Federico Pérez protagonizan esta comedia, de días horas de duración e coa que se retoma a programación do Pazo da Cultura. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.
Actividade: Cine na rúa. Lugar, Praza da Gándara. Hora: 21:30 horas.
O Concello organiza este ciclo, en colaboración coa administración provincial, con entrada de balde. Nesta xornada proxectarase a película Violeta el hada traviesa.
Domingo 14 de setembro de 2025
Actividade: IV Trail Costa Ártabra. Lugar: Saída e meta nas inmediacións da cooperativa do Val. Hora: Saídas dende as 9:00 horas.
O Concello organiza a convocatoria coa Asociación Deportiva Cultural Bombeiros de Narón. Un ano máis haberá modalidade de carreira e andaina. A proba será puntuable para a gran final das UTMB World Series 2026 que se celebrará en Francia.
Actividade: VI Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage. Lugar: Pavillón da Mocidade. Hora: 10:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00 horas.
Actividade: Mago Antón: 50 (1975-2025). Lugar: Parque do río Freixeiro. Hora: Pases ás 11:30; 13:00; 17:00; 18:30 e 20:00 horas.
O Mago Antón celebra 50 anos de maxia sobre os escenarios, dende 1975 ata 2025, cun espectáculo no que presenta os seus mellores números e ilusións nunca vistas. A entrada é de balde.