Aberto en Narón o prazo de inscrición no “V Torneo promoción de xadrez”

O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou no Concello con Juan Manuel Caneiro, María Luisa García e David Roca, presidente, vicepresidenta e tesoureiro, respectivamente do Círculo Xadrez Narón, a quinta edición do Torneo promoción de xadrez que se desenvolverá o día 20 deste mes no centro cívico social do Alto do Castiñeiro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves día 18 –ás 12:00 horas- a través da web: www.xadreznaron.es. A Federación Galega de Xadrez (Fegaxa) organiza a convocatoria co Círculo xadrez Narón e o Concello de Narón, contando coa colaboración doutras entidades e empresas.

O circuíto, valedeiro para a décimo oitava edición do Galego de Promoción (para poder participar é obrigatorio estar federado, ofrecéndose axuda para a tramitación), desenvolverase nas categorías sub 8, sub 10, sub 12 e sub 14. As diferentes roldas comezarán a xogarse ás 11:00 e sucederanse pola mañá ata as 14:00 e pola tarde de 16:00 a 19:30 horas, estando prevista a entrega de premios e clausura ás 20:00 horas, tal e como indicaron dende o club local.

Dende o Círculo Xadrez Narón destacaron que a participación neste evento representa unha gran oportunidade para aprender a mellorar as habilidades no xadrez, coñecer novas amizades, divertirse e formar parte do circuíto galego. Haberá trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría, medallas para todos os participantes e tamén se repartirán agasallos entre os participantes a través de sorteos.

O presidente do Círculo Xadrez Narón animou á cidadanía a participar e recordou que o club mantén aberto o prazo para inscribirse nas actividades que se desenvolverán neste curso, tanto para menores como para persoas adultas.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, destacou a implicación da Fegaxa e do Xadrez Narón por convocar esta quinta edición dotorneo na cidade. Así mesmo, animou a participar no evento e tamén a iniciarse e perfeccionar o xadrez nas instalacións do club, no centro cívico social do Alto, que cada ano conta con máis federados.

Lea también

El Triatlón Ferrol, presente en el campeonato de España

El club ferrolano contará con participantes en las categorías elite, juvenil y cadete. El Triatlón …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *