Entregados en Ortigueira os premios da campaña Merca no teu Comercio

O teatro da Beneficiencia de Ortigueira acolleu na mañana deste xoves 11 a entrega dos Premios correspondentes á campaña “Merca no teu comercio”, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de agosto en Ortigueira, Cedeira e Cariño, cun total de 3.126 tickets rexistrados.

Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.

“Merca no teu comercio ten premio” é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, en colaboración neste caso da Asociación de Comercio e Hostelería de Ortigueira.

Na entrega de premios participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio; María Mera, presidenta da Asociación de Comercio e Hostelería de Ortigueira; Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Isabel Rego, concelleira de Facenda e Deportes de Ortigueira; e Paula Muíño, directora de oficina de ABANCA en Ortigueira.

Lea también

As Pontes, Cedeira, Fene e Ortigueira lideran as vendas de MercaNaVila na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Os catro concellos concentran máis do 13% do total das vendas de MercaNaVila na provincia …