A Policia Nacional permite en Mugardos renovar o DNI e pasaporte o mesmo día

O Concello de Mugardos informa de que, grazas ao novo sistema da Policía Nacional, os veciños poderán renovar o seu DNI e pasaporte no mesmo día. Para iso, os equipos móbiles que visitan o municipio veñen equipados coa tecnoloxía necesaria para tramitar ambos documentos de maneira inmediata.

Co fin de garantir comodidade e protección aos usuarios, os trámites realízanse no pavillón de O Cristo, onde se ofrece un espazo cuberto e adecuado para atender a todas as persoas que acoden ao servizo.

A concelleira de Facenda e delegada de Emerxencias, Ana Varela Bastida, valorou positivamente a iniciativa. “É unha mellora importante para os veciños de Mugardos, que agora poden renovar ambos documentos nun só día sen desprazarse a outros municipios. Ademais, dispoñer do pavillón de O Cristo permítenos ofrecer unha contorna segura e cómoda para todas as persoas que acoden ao servizo”, destacou a edil.

O Concello de Mugardos agradece á Policía Nacional a posta en marcha deste sistema e anima aos veciños para aproveitar esta oportunidade que facilita a realización de trámites administrativos de maneira rápida e eficiente.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *