O Pazo da Cultura de Narón retoma a programación coa comedia «Noites de retranca»

Os actores Quico Cadaval, Oswaldo Digón e Federico Pérez subiranse este sábado 13 ao escenario do Pazo da Cultura de Narón para representar a comedia “Noites de retranca”.

A obra dará comezo ás 20:00 horas e ten unha duración de dúas horas. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse, a un prezo de 15 euros no patio de butacas e no anfiteatro 1 e de 12 euros no anfiteatro 2, no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

O humor cotiá, a sátira e, en definitiva, o humor galego, convertiron esta obra nun referente da comedia a nivel galego, garantido as risas e o divertimento entre o público.

Lea también

A Deputación da Coruña convoca a segunda edición dos seus Premios de Turismo

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 12 de novembro. Os gañadores …