Máis de 10.000 euros para fomentar a igualdade en Neda, grazas ao Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero

O Concello de Neda contará con 10.237 euros para investir nos próximos dez meses co obxectivo de impulsar novas accións para fomentar a igualdade e contribuír a acabar coa violencia machista. O goberno de España comunicou a asignación dos fondos no marco do actualizado Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Taller micromachismos curso 2024-2025

Os criterios de reparto teñen en conta o número de habitantes do municipio, a adhesión do municipio ao Sistema de Seguimento Integral en los casos de Violencia de Xénero (Viogen), que permitiu a Neda incrementar substancialmente as partidas recibidas, e tamén o número de mulleres usuarias do servizo telefónico de atención e protección ATENPRO, garantindo así un reparto equilibrado. A asignación contempla a compensación de remanentes procedentes do exercicio 2023, permitindo axustar as transferencias e asegurar unha execución equilibrada do orzamento dispoñible. Así, ao contar cunha pequena partida pendente de gastar, o Concello recibirá 9.341 euros do total asignado.

Os fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, Neda apostou fundamentalmente pola realización de actividades educativas nos centros escolares, buscando incidir na xente máis nova. Desenvolvéronse nas aulas obradoiros de micromachismos, charlas, contacontos, e publicacións fronte aos estereotipos de xénero…) E, en paralelo, activáronse campañas informativas, dirixidas ao conxunto da cidadanía, sobre os recursos existentes para as vítimas, e sentáronse as bases para mellorar a coordinación con fin de mellorar a atención ás vítimas.

O Concello deberá utilizar estes fondos asignado para desenvolver novas actuacións de gasto corrente, apuntalando as políticas de igualdade, antes do 30 de xuño do 2026.

Lea también

Calendario de las próximas citas en Cabanas

Viernes 12 A las 16 horas y hasta a las 21 horas La Unidad Móvil …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *