O estudantado de Arquitectura recolle as súas propostas de intervención urbanística en Vilarrube na mostra “Segundo asalto”

Nun acto aberto á veciñanza, o alumnado da Escola Técnica Superior da Coruña inaugura exposición este venres ás 18:00 horas na casa da cultura de Valdoviño.

 

O alumnado de 2º e 3º da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña inaugura este venres en Valdoviño a mostra «Segundo asalto», coas súas propostas de intervención urbanística para Vilarrube. Coa presenza do director da escola, Miguel Abelleira; do alcalde, Alberto González, e do propio estudantado, o acto dará comezo ás 18:00 horas na sala de exposicións temporais da casa da cultura, con entrada libre. A partir de entón, poderá visitarse ata o 28 de setembro, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas. 

Valdoviño volvía converterse o pasado curso no laboratorio de ideas da asignatura «Análise da Arquitectura», e se o ano anterior o equipo docente desafiaba ao estudantado animándoo a realizar as súas propostas para a recuperación e posta en valor das baterías de Monte Campelo, nesta ocasión centraban a súa atención na contorna da praia de Vilarrube, e sen saír da parroquia, no núcleo de Porto do Cabo.

Tras varias visitas á localidade, charlas, e moito traballo dentro e fóra das aulas, saíron diferentes proxectos como itinerarios, miradoiros e zonas de esparcemento na área de influencia do areal, ou un albergue de peregrinos no camiño a Santo André. Todos eles están recollidos na mostra que, a partir de mañá, inauguran na casa da cultura.

Lea también

Las aulas municipales de música en Valdoviño ofrecen un festival fin de curso

Los alumnos de las aulas municipales de música finalizan el curso con un festival abierto …