Ares celebra a súa oitava homenaxe musical ao veciño Gildo Illobre

O Concello de Ares, a Rondalla Trovadores de Ares e Bodegas y Vinos Ares, como axente colaborador xunto coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, impulsarán a VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento musical que rende homenaxe ao veciño falecido en 2015.

O domingo 14 de setembro, a Igrexa de San Xosé acolle este emotiva actuación a partir das 19:00 horas, recordando a relevancia e o legado musical de Gildo Illobre no seu municipio, que foi acordeonista e director da propia Rondalla Trovadores de Ares, unha das agrupacións que cantarán xunto coa Rondalla Mugardesa e a Rondalla de Mulleres de Santa Uxía de Mandiá.

Lembrarase a pegada de Illobre na vida musical da contorna aresá, mais tamén da comarca, con participación en múltiples orquestras e grupos e a dirección de diferentes coros parroquiais, amosando unha contribución constante ó municipio.

Lea también

Se inaugura la exposición “Das Crebas”, de Xosé Luis López en el Ateneo Ferrolano

El Ateneo Ferrolano presenta la nueva exposición del artista gallego Xosé Luis López (Das Crebas), …