O presidente da Deputación de A Coruña recibe á nova directiva de ANMUPESCA

A entidade representa a máis de 11.000 mulleres profesionais do sector do mar.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no Pazo Provincial á nova directiva da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA), encabezada pola súa presidenta, Mercedes del Pilar Otero González.

Durante a xuntanza, a presidenta de ANMUPESCA presentou as súas liñas estratéxicas para os próximos anos, centradas na defensa dos dereitos das máis d11.000 profesionais do mar que integran esta rede en todo o Estado, boa parte delas galegas. Con 28 asociacións federadas en Galiciaa comunidade representa o núcleo principal da organización, que aglutina mariscadoras, redeiras, armadoras, peixeiras e comercializadoras, acuicultoras e outras profesionais da cadea de valor do sector pesqueiro.

No encontro tamén se analizou o impacto e utilidade do traballo conxunto realizado pola Deputación da Coruña e ANMUPESCA para a elaboración do primeiro “Mapa dixital das Mulleres da Pesca na Provincia”, unha ferramenta pioneira que visibiliza o peso real da presenza feminina neste ámbito produtivo.

O estudo, presentado durante a última asamblea xeral de ANMUPESCA celebrada en Boiro, recolle datos detallados sobre a situación profesional das mulleres do mar e revela, por exemplo, que os concellos de Ribeira, Boiro e A Pobra do Caramiñal concentran máis da metade das traballadoras do sector, grazas ao peso da industria conserveira na comarca do Barbanza.

O presidente provincial subliñou a importancia deste estudo para poñer en valor un dos colectivos clave dun dos sectores con máis tradición na economía galega: “Este mapa permítenos coñecer con datos reais o peso das mulleres no mar e contribuír a que sexan recoñecidas, respectadas e tidas en conta nas políticas públicas do presente e do futuro”, sinalou González Formoso.

Pola súa parte, a presidenta de ANMUPESCA puxo o foco nos retos pendentes, como o relevo xeracional ou a inclusión efectiva das mulleres nos espazos e postos de toma de decisións.

ANMUPESCA naceu en 2016 e consolidouse como o principal interlocutor estatal das mulleres do mar. A súa estrutura federativa abrangue entidades de Galicia, Andalucía, Comunidade Valenciana, Cantabria, Asturias e ámbito nacional, representando a profesionais de toda a cadea de valor da pesca.

Lea también

La plantilla de Navantia Ferrol veta por unanimidad las horas extra para forzar el cumplimiento del convenio

La asamblea de trabajadores de Navantia Ferrol ha aprobado este jueves, por unanimidad, una medida …