Prazo extraordinario para inscribirse nas “21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón”

A organización das 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón, abriu un prazo extraordinario de inscrición, que remata este venres 5, para anotarse nesta proba de ultrafondo do noroeste que se celebrará o vindeiro 27 de setembro.

O evento deportivo, que alcanza este ano a súa cuarta edición e que xa supera a barreira dos mil participantes, tal e como indicou o edil de Deportes, Ibán Santalla, tramitará as últimas inscricións mañá, podendo realizalas a través das webs: www.21leguas.es ou www.emesports.es.

O Concello e o Club Deportivo Narón 101 organizan a convocatoria. Os marchadores disporán dun prazo de 24 horas para percorrer un tramo de 101 quilómetros que discurrirá polos concellos de Narón, Ferrol e Valdoviño, se ben os ciclistas terán un tempo máximo de 12 horas para completar ese percorrido, con saída e meta no paseo marítimo de Xuvia.

Os marchadores poderán inscribirse na modalidade de marcha individual ou por equipos; os ciclistas nas de individual, parellas ou equipos e tamén haberá a opción de e-bike, na modalidade de individual.

Lea también

Sergio Tejera, nuevo jugador del Racing Club Ferrol

Experiencia, control del juego y una zurda efectiva a balón parado. Esa es la carta de presentación con …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *