Neda prepárase para disputar a IV San Silvestre

Volve un clásico da programación de Nadal de Neda. O Concello organiza este ano a cuarta edición da súa San Silvestre. A cita terá lugar o mércores 31 de decembro as 10:00 h, con saída e chegada na pista polideportiva do Roxal.

A proba, forma parte calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, e incluída no “XI Circuíto da Deputación da Coruña”, vén de abrir o seu prazo de inscrición.

Ata o día 26 de decembro, ás 23.59 horas, todos osnatletas, federados ou non, que desexen participar deben anotarse na web www.carreirasgalegas.com, onde tamén se poderán consultar o regulamento desta carreira na que sempre é benvida a vestimenta e os complementos de Nadal. Só os maiores de idade terán que aboar a cota de inscrición de 6 euros, para os menores é de balde.

A proba absoluta terá un percorrido aproximado de 5,4 km por asfalto (tempo máximo de 45 minutos) e comezará ás 10:30 horas, unha vez finalizadas as carreiras nas categorías sub 16 e sub 14 (distancia de 1,4 km), e nas categorías sub 12 e sub 10 (700 metros). Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina.

O Concello aspira a revalidar o éxito de anos anteriores, xuntando a varios centos de deportistas na contorna do río Belelle. E así, animan ás persoas afeccionadas ao atletismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal a despedir o ano correndo. A retirada de dorsais desenvolverase, como sempre, dende as 9.15 horas na pista deportiva do Roxal.

Lea también

Buen botín para el Baxi Ferrol en la ida del playoff de la Eurocup en Milán

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) El Baxi Ferrol ha dado un paso adelante, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *