O prazo de inscrición nas actividades das Escolas deportivas do Padroado de Deportes de Narón para o curso 2025-2026 ábrese este 10 de setembro e ata o día 30 deste mes para os usuarios que non teñan reserva de praza.
No caso dos veciños de Narón posuidores do bono familiar as matriculas abrirán o día 10, se ben para os veciños doutros concellos será a partir do vindeiro 22 de setembro. A tramitación das inscricións debe realizarse nas oficinas do complexo polideportivo municipal da Gándara, en horario de 8:30 a 13:00.
As persoas interesadas en participar nas actividades das Escolas deportivas ubicadas no complexo polideportivo municipal da Gándara e na piscina poden darse de alta en: natación, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación. No caso das escolas deportivas exteriores, poderán facelo en: tenis de mesa, remo e xadrez.
As actividades comezarán a impartirse, en todas estas modalidades, o día 1 de outubro, tal e como avanzou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla.
As inscricións nas actividades conveniadas con outros clubs: atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, kick boxing, voleibol, ximnasia rítmica, patinaxe artística, etc. deben realizarse nos propios clubs, podendo informarse tamén sobre as mesmas nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara.