As Pontes organiza unha Xornada de Convivencia para Maiores

O Concello das Pontes celebra o próximo sábado 20 de setembro, a partir das 13:00 horas, no Pavillón Polideportivo Monte Caxado, a segunda Xornada de Convivencia para Maiores, unha actividade dirixida á veciñanza do municipio maior de 65 anos.

Esta iniciativa ten co obxectivo fomentar a relación entre a veciñanza das diferentes parroquias e lugares da vila, ofrecendo un espazo de encontro no que as persoas maiores das Pontes sexan as protagonistas. Trátase dun recoñecemento ao seu papel fundamental dentro da sociedade pontesa.

Durante a xornada compartirase un xantar popular, haberá actuacións musicais en directo e finalizará cun animado baile, nun ambiente pensado para o disfrute, a convivencia e a celebración.

Desde o goberno local, apóstase polas  persoas maiores, que “representan unha parte esencial da nosa memoria colectiva, dos nosos valores e da nosa identidade como pobo. Actividades coma esta reflicten o compromiso do Concello por construír unha vila máis cohesionada, máis activa e máis xusta para todas as xeracións” subliña Tania Pardo, concelleira de Benestar Social.

Para participar será preciso inscribirse previamente, entre o 3 e o 12 de setembro, chamando aos números de teléfono 667 12 93 36 ou 981 44 10 08 (de 09:00 a 14:00 horas).

Lea también

El concello de Mugardos regulariza el proceso de solicitud de plazas en la Escuela Infantil Municipal «As Lagoas»

Según informa el concello de Mugardos  «se completó la regularización de las solicitudes de plazas …