O parque de Freixeiro acolle a Festa infantil Cidade de Narón e o Bocatín solidario da ASCM

A concelleira de Festas, Mar Gómez, e a técnico da Asociación Sociocultural de Minusválidos ASCM, Noemi González, presentaron a Festa infantil Cidade de Narón e o Bocatín, iniciativas que se desenvolverán este sábado, día 6, no parque de Freixeiro.

A convocatoria desenvolverase en horario de mañá e tarde, dende as 12:00 ata as 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A edil de Festas avanzou que se instalarán na zona inchables secos e acuáticos, unha xincana acuática, deslizador acuático xigante, unha pista americana xigante…

A maiores, os nenos poderán desfrutar tamén da tradicional festa da escuma, de karts a pedais, dun rocódromo, camas elásticas, tabla de surf, un camerino móbil e moita música, todo de balde. Ao igual que en anos anteriores, convocouse o Bocatín da ASCM, que terá un posto específico no parque de Freixeiro no que se recaudarán fondos para persoas con discapacidade.

Para colaborar poderanse adquirir algúns dos bocatíns que se prepararán para a ocasión, o Naroncho, con chourizo; o Naronque, con queixo, e o Naronxa, con xamón cocido, todos eles a un prezo de catro euros, tal e como indicou Noemi González.

O lote bocatín inclúe a maiores unha auga ou refresco e da a opción de poder engadir un ingrediente a maiores por 0,50 euros.

Dende a organización animaron á cidadanía a acudir a esta convocatoria, na que ademais de “poder desfrutar dunha gran variedade de propostas pensadas para nenos de todas as idades, se poderá colaborar cunha iniciativa solidaria e axudar a outras persoas”.

Lea también

Prazo para solicitar en Narón os vales agasallo de Nadal dirixidos a menores de familias vulnerables

A partir do luns 1 de setembro, permanecerá aberto no Concello de Narón, durante quince …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *