Uns 400 escolares de Narón participan en saídas en bicicleta organizadas dende o Concello

Preto de 400 escolares de educación Primaria de Narón participan nas saídas en bici organizadas polo Concello, a través da concellería de Seguridade Cidadá, dirixida por José Oreona, co equipo de Educación Viaria de Narón.

Fuente Concello de Narón

A responsable do mesmo, Sonia López, acompaña ós nenos nesta iniciativa, que se iniciou o pasado mes de setembro e que rematará o vindeiro día 27. Protección Civil e a policía Local de Narón colaboran tamén nesta proposta. Menores de primeiro a sexto de educación Primaria e de quinto e sexto de educación Infantil son os destinatarios destas saídas en bicicleta polo termo municipal.

Os escolares que participan son os dos colexios da Solaina, Jorge Juan, Ponte de Xuvia, A Gándara, O Feal, Ayala, Santiago Apóstol, Piñeiros e Virxe do Mar. As rutas desenvólvense sempre en horario lectivo, de luns a venres, e teñen unha duración de entre dúas e tres horas. Os tanques de tormentas de Xuvia e de Gándara, o paseo de Xuvia, as instalacións do pump track e as pistas de Río Seco son os destinos dos diferentes grupos.

O edil de Seguridade Cidadá valorou esta iniciativa e incidiu en que “ten unha moi boa acollida nos centros de ensino, aos que agradecemos a súa colaboración e, por suposto, aos nenos e nenas pola súa boa disposición para coñecer o noso entorno, o noso patrimonio”. Así mesmo, destacou a implicación do traballo realizado para poder levar a cabo estas saídas en bici.

Lea también

Club Arco Narón obtiene grandes resultados en el Trofeo ‘Entroido’ en Ferrol

Este pasado domingo por la mañana tuvo lugar en Ferrol el ya tradicional Torneo‘Entroido’para las …