Valdoviño despide agosto co seu tradicional feirón mensual

Como cada último domingo de mes, esta semana toca feirón en Valdoviño. A Porta do Sol, concretamente a explanada situada fronte á Casa Joselito, converterase o 31 de agosto en escenario de encontro veciñal e máis de compras, grazas ao mercadillo organizado pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello, disporá dende a primeira hora da de postos de venda dos máis diversos sectores, dende artesanía e moda, ata produto da horta. Un escaparate con ampla variedade para facer as últimas compras do verán.

O feirón de agosto vén a completar un mes cheo de propostas de lecer en Valdoviño. Iniciativas que abranguen dende o deportivo, co Pantín Classic, ata o cultural coa segunda edición do programa “Contares culturais nas festas de verán”, pasando polo feirón especial verán, converténdose como sempre en elementos dinamizadores da actividade hostaleira da zona.

Lea también

Neda promove un obradoiro sobre seguridade no fogar coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns

A actividade de prevención de riscos, prevista para o 10 de novembro, vén de abrir …