Ortigueira e GRD Seitura 22 convocan unha charla informativa sobre comunidades autónomas

O evento, de acceso libre e gratuíto, ten como obxectivo achegar o concepto das comunidades enerxéticas e as súas vantaxes á cidadanía. A charla celebrarase o vindeiro xoves 4 de setembro, ás 20:00 horas no Teatro da Beneficencia.

O Concello de Ortigueira, en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22, no marco do proxecto «Redenerxía», organiza unha charla informativa dirixida a toda a poboación do municipio. O evento, de acceso libre e gratuíto, ten como obxectivo achegar o concepto das comunidades enerxéticas e as súas vantaxes á cidadanía.

A charla celebrarase o xoves 4 de setembro, ás 20:00 horas no Teatro da Beneficencia.

Durante a xornada explicaranse as oportunidades que ofrecen as comunidades enerxéticas para a explotación dos recursos locais, os seus beneficios económicos e ambientais, e os pasos necesarios para a posta en marcha deste tipo de iniciativas.

O proxecto «Redenerxía» busca fomentar a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e participativo na comarca, e esta charla en Ortigueira é un paso clave para involucrar á veciñanza neste proceso. Invítase a toda a poboación, pequenas e medianas empresas, e asociacións a participar para coñecer de primeira man unha alternativa que pode xerar aforro económico e impulsar o desenvolvemento local de maneira sostible.

Lea también

Sofocado un incendio forestal declarado en un pinar en Boebre, Pontedeume

En la tarde de este domingo se registró un incendio forestal en un pinar en …