Adjudicadas las obras de renovación de la DP 6092 a su paso por Nogueirosa y Ombre, en Pontedeume

O Concello de Pontedeume informa de que xa están adxudicadas as obras de renovación da estrada DP 6092 de Pontedeume a Pedra da Auga, que pasa polas parroquias de Nogueirosa e Ombre. 

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, sinala que “está previsto que os traballos empecen nas vindeiras semanas, para realizar canto antes unha mellora que foi moi demandada pola veciñanza”. 

A actuación nesta estrada provincial “é unha proba máis do compromiso da Deputación da Coruña con Pontedeume, polo que estamos moi agradecidos”, afirma o rexedor. 

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos, destacou que esta vía  “conecta o Parque Natural das Fragas do Eume coa vila de Pontedeume, polo que soporta un tráfico elevado e resulta fundamental garantir o seu bo funcionamento e a maior seguridade viaria nel”. 

A licitación saíu o pasado mes de maio, cun orzamento de 141.099,14 euros. Realizarase nunha superficie de máis de 12.800 m² de vía, entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+880, nun prazo de execución de tres meses. 
Consistirá en saneamentos puntuais da capa de rodaxe, que se atopa deteriorada, e a posterior dotación dunha nova capa de mestura asfáltica en quente de 5 cm de espesor. 
Posteriormente, pintaranse as marcas viarias da calzada e renovarase a sinalización vertical, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria de todo o tramo da estrada. 

Ademais, dende a Deputación estase preparando tamén un proxecto de construción de beirarrúas nesta mesma estrada, que se atopa xa nun estado avanzado. 

Lea también

Neda vuelve a reclamar a la Xunta actuaciones en la AC-862 en la Volta do Poulo

El Ayuntamiento de Neda se ha dirigido a la Agencia de Infraestructuras para reiterar su …