O Concello de Narón saca a concurso 6 novas licencias de taxi

O Concello de Narón saca a concurso 6 novas licencias de taxi das que tres deberán ser adaptadas a persoas con mobilidade reducida, conforme ao estipulado tanto na Lei de Transporte público de Galicia como na Ordenanza que regula o servizo de taxis do Concello de Narón.

O prazo permanecerá aberto ata o día 29 de setembro. As persoas interesadas poden consultar procedemento ao completo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público e a tramitación das solicitudes deberá facerse de forma electrónica a través do procedemento habilitado na mesma plataforma.

Lea también

Detenidos 3 hombres en Narón a los que intervinieron un kilo de cocaína, una pistola y 255.000 euros

La Policía Nacional, tras las investigaciones realizadas, ha detenido en Narón a tres varones como …