No marco das Festas de Ferrol, conversamos con Mondra, nombre artístico de Martín Mondragón (Recesende, 2000), un cantante e bailarín, tras a súa actuación no programa das festas na cidade. Cun espectáculo que combina tradición, mocidade e unha forte mensaxe de identidade, comparte as súas sensacións e reflexións sobre o presente da música galega.
GA.–É a túa primeira vez en Ferrol con este espectáculo. Como te sentes actuando aquí?
M.–«Felices de traer a nosa ronda. Levamos xa uns cantos concertos ás costas e agora o espectáculo está nun punto moi interesante. Estamos moi ben, así que felices de estar en Ferrolterra por segunda vez. Antes estiveramos en Narón nunha sesión vermú, pero agora presentamos o espectáculo completo aquí en Ferrol».
GA.–Qué se vai atopar hoxe o público nas festas?
M.–«A ronda é unha celebración absoluta. Agardo que a xente goce moito con nós, é que sexa toda unha festa, unha ronda na que buscamos que bailen connosco, que se divirtan. É un espectáculo no que a mocidade galega, a sexualidade, a aceptación ao amor propio están moi presentes, e agardo que o público conecte con todo iso».
GA.–Ademais, ten moitos tintes nosos, inspirados na tradición. Esa tradición semella ser unha base fundamental na túa proposta. De onde nace esa inspiración?
M.—«Si, claro. É a fonte principal de inspiración. Sempre digo que é a miña linguaxe máis primaria. Case das primeiras cousas que aprendín foron bailar e tocar a pandeireta. Iso tamén me levou á creación. A fonte de inspiración son todas esas mulleres que salvagardaron as melodías e a nosa cultura. Tivemos a sorte de entrar nas súas cociñas, aprender tanto delas e continuar ese legado».
GA.–Como ves a situación actual da música galega?
M.-–«Creo que estamos nun momento doce. As que temos a sorte de vivilo, estamos gozando moito. A música galega é moi diversa: en xéneros, en relatos, en discursos. En xeral, penso que é unha música combativa, e aquí estamos, facéndoa na nosa lingua e coa sorte de que moitas persoas veñan vernos en galego. Estamos a gozar deste momento, pero sempre sabendo que queda moito por facer».
GA,–A súa música, de carácter reivindicativa, defende o galeguismo, a diversidade sexual e a identidade rural. Un mozo comprometido Comezou a súa carreira profesional na compañía de danza de Fran Sieira,formando aínda parte do seu elenco artístico.Mondra tamén ten formación en piano e pandeireta. Traballa como profesor de pandeireta e danza tradicional galega en varias asociacións culturais. En setembro de 2023, lanzou o seu primeiro álbum de estudo, Ardén, no que combina música tradicional cun son contemporáneo, un estilo que se denominou trad.. Este ano lanzou De rolda, once cancións con produción de Hevi en Laboratorio Soyuz.