Neda programa o vindeiro martes o espectáculo de danza e acrobacias aéreas “Glamping”

O Concello de Neda despide o vindeiro martes, 26 de agosto, o programa de lecer “Miúdo verán. Cultura en familia” cunha proposta de novo circo. A compañía SU.MA. porá en escena no campo dos Subarreiros, a
partir das 20 horas, o espectáculo “Glamping”, que mestura de humor, danza e acrobacias.

Por motivos de forza maior, a compañía aparca momentaneamente “Ikigai”– a obra que inicialmente estaba programada- e trae á vila unha peza que xira ao redor da convivencia, non sempre sinxela, que deciden pasar unas vacacións xuntos desfrutando da experiencia dun glamping, unha acampada na natureza sen renunciar aos luxos.

Trátase pois dun espectáculo, destinado a todos os públicos, sobre as relacións humanas e as maneiras de afrontar e resolver situacións cotiás de tensión. A obra combina “teatro xestual, música, acrobacias aéreas, danza e swing en clave de clown”.

“Glamping”, cunha duración de algo menos de unha hora, chega a Neda, grazas á colaboración co Agadic, e no marco das accións para dinamizar as localidades polas que discorren as diferentes rutas xacobeas.

Lea también

Ares viaxa ao pasado para coidar da súa memoria colectiva arredor da migración

A diáspora galega e as relacións de Galicia con América serán protagonistas nesta fin de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *